Darío III de Persia ou Codomano
Darío III de Persia ou Codomano
            
  
  
        
  
  
  
  
        Último rei de Persia (336-330 a C). Membro dunha rama lateral dos aqueménidas, accedeu ao poder despois do envelenamento de Artaxerxes III e mais o seu fillo. Enfrontouse á invasión de Alexandre o Grande, quen venceu o xeneral mercenario Memnón de Rodas na Batalla de Gránico (334 a C) e despois a Darío III en Isos (333 a C). Intentou deter o avance de Alexandre ofrecéndolle Asia Menor, pero este rexeitouno e Darío III foi derrotado de novo en Gaugamela (331 a C). Despois desta batalla Darío buscou refuxio na Bactriana, onde morreu asasinado polo sátrapa Bessos.
Cronología
- 
                        NacementoLugar : a C
- 
                        DecesoLugar : Hecatompilo
 
                  