Darrieux, Danielle
Actriz francesa. Actuou tanto en cine como en teatro. Comezou a súa carreira cinematográfica con Le bal (O baile, 1931), de W. Thiele. Alcanzou a popularidade con Mayerling (1936), de Anatole Litvak. Entre outras películas destacan La ronde (A rolda, 1950), Le plaisir (O pracer, 1951), Madame de... (Señora de..., 1953), Le rouge et le noir (Vermello e negro, 1954), Les demoiselles de Rochefort (As señoritas de Rochefort, 1966), Vingt-quatre heures de la vie d’une femme (Vintecatro horas de vida dunha muller, 1968), Une chambre en ville (Unha habitación na cidade, 1982) e Le jour des rois (O día dos reis, 1991). Os seus últimos traballos son A Chef in Love (1996) e Ça ira mieux damain (2000). En teatro foi protagonista de O vestido malva de Valentina (1963) de F. Sagan e Os amantes terribles (1973) de N. Coward, en París; Coco (1969), en Broadway, e Ambassador (Embaixador, 1970), en Londres.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bordeos