Darro
Darro
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado na marxe dereita do río Fardes e accidentado pola Sierra Arana (1.628 h [1996]). A agricultura (oliveiras, cereais e legumes) e a gandería lanar son as principais actividades económicas.