Dasairas Valsa, Xerardo
Profesor e escritor. Cursou estudios en Verín, Barcelona e Ourense, onde se diplomou por maxisterio en filoloxía galega, española e inglesa. Discípulo de Xesús Taboada, comezou a colaborar dende o ano 1978 na prensa de Galicia (A Nosa Terra, A Peneira, Faro de Ourense, Faro de Vigo, La Región, La Voz de Galicia, Atlántico Diario, Xornal do Támega) con artigos referentes á etnografía, historia, arqueoloxía, patrimonio, pedagoxía e socioloxía, e en revistas especializadas (A Nosa Memoria de ANT, Revista Galega de Educación, A Peneira, O Irmandiño, A Trabe de Ouro, Revista Galega de Teatro, Escaramuza). Publicou, entre outras obras, Os outros vigos. Coruxo (1987), 70 anos de fútbol en Verín (1990), O entroido en terras de Monterrei (1990), Monterrei, 5 séculos de cultura (1994), García Barbón e o colexio de La Salle no centenario da súa fundación (1995), Os sinos dos tempos: campás de Vigo (1995), Asalto á Vila de Cangas polos piratas turcos no 1617 (1997) e Crónicas Rexiomontanas (1999).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Verín