Dasilva

Dasilva
[ONOM]

Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica silva e mais a preposición de (neste caso coa forma da, resultado da contracción co artigo feminino a) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIII: “Martin Gomez da Silva” (doc ano 1288 en E. Portela Silva, La región del obispado de Tuy en los siglos XII-XV, 1975, en Compostelanum XX, p 370). Adoita grafarse Da Silva.