dasiúrido -da

dasiúrido -da

(< lat científico Dasyurus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos dasiúridos.

  2. s m [ANIMAL]

    Mamífero da familia dos dasiúridos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Familia de mamíferos marsupiais caracterizados por presentar tres pares de incisivos na mandíbula inferior, fociño longo, ollos e orellas grandes, extremidades anteriores con cinco dedos e as posteriores con catro ou cinco, sempre con todos os dedos independentes e a cola longa. Teñen o marsupio en posición moi posterior e, os máis deles, son pequenos, de menos de 100 g, principalmente insectívoros e de actividade nocturna. Distribúense por Australia e Nova Guinea, e aínda que algúns representantes desta familia, que abrangue máis de medio centenar de especies, habitan en medios moi diversos, están especialmente asociados ao deserto rochoso.