Dašnaksutiwm
Movemento independentista armenio. Fundado en 1890 en Tbilisi, adoptou un programa revolucionario inspirado no partido social revolucionario ruso, pero contrario ao socialismo do hinčak. Durante a Primeira Guerra Mundial loitou contra os turcos e os rusos na procura da independencia armenia. En 1918 constituíuse un efémero Estado que o Exército Vermello conquistou en 1920 para Rusia. Trala anexión os membros do movemento foron expulsados, aínda que conservaron no exilio a organización e os seus órganos de prensa. Desde 1991, unha vez que Armenia recuperou a independencia, foi de novo legalizado e retomou a súa actividade política no novo Estado. Nesta nova etapa modificou o seu nome polo de Hai Heghapokhakan Dašnaksutiwm (Federación Revolucionaria de Armenia). Despois dun período no que o goberno armenio prohibiu as actividades do partido, en 1998 legalizouse e apoiou o candidato vencedor nas eleccións presidenciais dese mesmo ano (o presidente Kotcharian); nas lexislativas de 1999 acadaron nove deputados na Asemblea Nacional e nas eleccións do ano 2000 un dos seus membros, Andranik Markaryan, foi nomeado primeiro ministro.