Dasyatis

Dasyatis
[ANIMAL/ICT]

Xénero de raias, da familia dos dasiátidos, caracterizadas por presentar as aletas pectorais xuntas por diante do fociño formando unha máscara, cos ollos e espiráculos dorsais, numerosos dentes dispostos en fileiras transversais e a pel lisa; carecen de aleta dorsal. Pertencen a este xénero as especies D. violacea, D. centroura e D. pastinaca, coñecidas popularmente como ferreiros.