Dasyornis

Dasyornis
[ANIMAL/ORNIT]

Xénero de aves australianas, da familia dos acantícidos, de 22 cm de lonxitude. De cor acastañada, presentan cola longa e levantada, e alas curtas coas que só practica voos curtos e eventuais. Aliméntase no chan de sementes e insectos. Fabrican un niño redondo cunha entrada lateral. A especie D. brachypterus vive na franxa costeira do sueste de Australia. A finais do s XX estaban en grave risco de extinción debido aos cambios no seu hábitat provocados polo home.

Palabras veciñas

Dastros, Joan-Géraud | Dasturella | Dasyatis | Dasyornis | Dasypeltis | Dasypoda | Dasyprocta