Dasypus

Dasypus
[ANIMAL]

Xénero de mamíferos, da familia dos dasipódidos, ao que pertencen as especies D. novemcintus, común no S dos EE UU; D. hybridus, que está presente en Arxentina; e D. septemcinctus, distribuída por Centroamérica. O home caza estes animais pola súa carne. Denomínanse popularmente armadillos e en América mulitas.

Palabras veciñas

Dasypeltis | Dasypoda | Dasyprocta | Dasypus | Dasyscyphus | data | datable