data

data

(

  1. s f

    Indicación do tempo en que se realiza ou acontece un feito.

    Ex: Xa puxeron a data do exame.

  2. s f

    Inscrición do tempo e a miúdo do lugar que se pon nunha carta, escrito, moeda ou monumento que indica o momento no que se fixo ou aconteceu.

    Ex: A estatua tiña a data escrita na parte inferior.

    1. s f [DER]

      Inscrición indicativa do día, do mes e do ano, e a miúdo do lugar e mesmo da hora, inserida nun escrito, documento ou actuación xudicial. En numerosos actos e negocios xurídicos configúrase como un elemento esencial para a súa validez.

    2. data consular [DER]

      Data que cita os nomes dos cónsules romanos gobernantes. Estes cambiaban cada ano, polo que se pode chegar a precisar o ano da era cristiá correspondente.

    3. data “ut retro”

      Expresión que significa ‘na data que se dixo atrás’ e que se utiliza para evitar a reiteración dunha mesma data nun documento.

    4. data “ut supra”

      Expresión que significa ‘na data que se dixo arriba’, ‘na data que se dixo antes’ e que se emprega para evitar a reiteración dunha mesma data nun documento.

Palabras veciñas

Dasyprocta | Dasypus | Dasyscyphus | data | datable | datación | datador