datador

datador

(< datar)

  1. s m

    Instrumento que se emprega para deixar constancia da entrada ou saída dun documento no rexistro dunha oficina da administración pública ou dunha institución privada.

  2. s m

    Instrumento que estampa sobre un envío postal o nome do lugar de procedencia (oficina de recepción) e a data de saída cara ao destino (día, mes, ano e incluso, nalgúns casos, hora, sobre todo dende a informatización da xestión dos correos). Nalgúns envíos (por exemplo nos certificados), tamén se estampa un selo que recolle os mesmos datos referidos á chegada á oficina de destino e, en ocasións, os das estafetas de tránsito (sobre todo en envíos internacionais). Coa introdución dos selos adhesivos (no Reino Unido en 1840, en España en 1850), cumpriu a dobre función de indicar o lugar e o momento no que se efectuaba o envío e a de anular o selo como medio válido para franquear envíos posteriores, polo que pasou a denominarse tamén datador-cuño.

Palabras veciñas

data | datable | datación | datador | Datan | datar | dataría