datación
(
-
s
f
Acción e efecto de datar.
Ex: A datación do fósil levoulles moito tempo pero ó final descubriron que tiña máis de tres mil anos.
-
[CRON]
-
s
f
Estimación da idade dun material xeolóxico, dun fósil, dun xacemento arqueolóxico, etc. As técnicas de datación relativa establecen a antigüidade respecto a outros materiais cos que se establecen relacións de contemporaneidade, anterioridade ou posterioridade, segundo unha sucesión. As técnicas de datación absoluta dan un valor baseado nun proceso que varía periodicamente, como as aneis das árbores ou as curvas de sedimentación, ou baseado nun proceso que sucede de xeito constante como as datacións químicas ou radiactivas.
-
datación por potasio-argón
Técnica de datación baseada na desintegración do radioisótopo potasio-40 en argón-40, que se fundamenta en que todo o argón-40 que está presente nunha rocha procede da desintegración do potasio-40 e que o proceso completo tardaría 1,27·10 10 anos. Para practicar esta técnica empréganse, fundamentalmente, as micas e o feldespato.
-
datación por radiocarbono
carbono 14.
-
datación por rubidio-estroncio
Técnica de datación baseada na desintegración do radioisótopo rubidio-87 no isótopo estable estroncio-87, na que o proceso completo tardaría 4,7·10 10 anos.
-
datación por termoluminiscencia
Técnica de datación baseada na cuantificación dos fotóns de luz que emite un sólido, por exemplo unha cerámica ao sometela a un aumento de temperatura. A diferenza de emisión de luz do material depende de pequenas cargas eléctricas da estrutura cristalina que varían co paso do tempo.
-
datación por uranio-chumbo
Técnica de datación baseada na desintegración do radioisótopo de uranio-238 a chumbo-206, na que o proceso completo tardaría 4,5·10 9 anos.
-
datación química
Técnica de datación baseada na composición química dun espécime do que se sabe que sofre lixeiros cambios químicos co paso do tempo, como a substitución dos fosfatos por ións de fluor nos ósos soterrados, ou pola presenza de isómeros dextróxiros nos aminoácidos que en vida do animal son levóxiros.
-
s
f