datum*
datum*
s
m
[XEOG]
Punto fundamental da triangulación, determinado astronomicamente, a partir da que se elaboran os mapas. Na cartografía española empregouse como datum o vértice da cúpula do Observatorio Astronómico Nacional, pero na década de 1970 substituíuse polo Datum Europeo ou Datum Postdam, orixe da Rede Xeodésica Local Europea, establecido en 1950 na posición astronómica da Torre de Helmert desa cidade alemana.