Daubenton, Guillaume

Daubenton, Guillaume

Xesuíta francés. Foi reitor do colexio dos xesuítas en Estrasburgo e destacou como predicador. No 1700 foi designado confesor de Filipe V polo seu avó Luís XIV. Interveu nos asuntos políticos do reino ata que caeu en desgraza fronte ao partido da princesa dos Ursinos e tivo que volver a Francia (1705). Exerceu novamente como confesor real dende 1716 ata a súa morte, suceso vinculado cunha intriga na que participou o rexente francés, o duque de Orléans.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Auxerre

  • Deceso

    Lugar : Madrid