Dávila Díaz, Xulio
Historiador, xeógrafo, filólogo e escritor. De moi novo emigrou a Arxentina, onde se dedicou aos negocios mercantís. En 1911 regresou e instalouse en Madrid. Colaborou, entre outros, nos xornais El Eco de Galicia, no que escribiu desde 1915 unha serie de artigos sobre Galicia titulados “Desde el relleno”, Almanaque gallego (“Notas de Baamonde (Lugo)”, 1914 e “Baamonde ou Vaamonde?”, 1915) en La Voz de Galicia. No Boletín da Real Academia Gallega publicou o artigo “Acerca del topónimo Bares” (1956). Escribiu a novela El Destino (1897), de ambiente galego, e o conto Al abrigo del ombú (1914). Entre outras obras eruditas, publicou Apuntes históricos y descriptivos de la villa y partido judicial de Santa Marta de Ortigueira (1902), Vocabulario santamartés u ortigueirés. Crítica de críticas (1903), Cuestión filológica. Nombre genérico de los hijos de Ortigueira (1903 e 1904), Barbarismos de la inscripción del monumento a los mártires de Carral (1907), colección de dezaseis artigos e un apéndice que continúa unha polémica suscitada nalgúns periódicos galegos entre 1902 e 1906, Plano del partido de Ortigueira puesto al día (1913), Contribución para la historia de la comarca villalbesa (1918), Por tierras guaraníes (1926), La personalidad y la obra de Benigno Teijeiro Martínez (1927), discurso de ingreso na Real Academia Gallega, e Geografía descriptiva de la comarca de Ortigueira (1931). Foi fundador, tesoureiro e secretario da Asociación Protectora da Academia Gallega de Bos Aires, e, desde 1927, membro numerario da Real Academia Galega.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ortigueira -
Deceso
Lugar : Madrid