Daviña Facal, Luís

Daviña Facal, Luís

Profesor. Licenciado en Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Fernando Wirtz da Coruña, participou en congresos e xornadas sobre temas da súa especialidade, en cursos de formación para o profesorado e en distintos encontros sobre normalización linguística. Preocupado pola terminoloxía científica e técnica en galego, realizou un importante labor de análise dos problemas da modernización do galego como lingua científica. Colaborador en O Correo Galego, no que publica artigos baixo os epígrafes “Lingua e Ciencia”, “Lingua sen Ciencia” e “Nin lingua, nin ciencia”, destacan as súas obras, Necesidade (urxente) dun léxico científico (1991), Problemas do léxico científico (1993), Lingua e ciencia (1999), O problema da adaptación ao galego de cultismos científicos de orixe grega e latina (2001) e Dicionario das Ciencias da Natureza e da Saúde (vol I: A-B, 2000; vol II: C, 2000). Dende maio de 2001 é membro da Comisión Técnica de Linguaxes de Especialidade do Consello da Cultura Galega.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela