Davisson, Clinton Joseph

Davisson, Clinton Joseph

Físico norteamericano. Realizou estudios nas universidades de Chicago e Princeton, onde se doutorou en 1911. Foi profesor de física no Carnegie Institute of Technology (1911-1917) e, posteriormente, traballou no departamento de enxeñería da Western Electric Company e na University of Virginia. Realizou numerosas investigacións no campo da emisión termoiónica dos metais e foi un dos precursores da microscopia electrónica. Investigou, xunto con L. H. Germer, a difracción dos electróns. En 1937 compartiu con sir George Thomson o Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a difracción electrónica.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bloomington, Illinois

  • Deceso

    Lugar : Charlottesville, Virginia