Davy, Humphry

Davy, Humphry

Químico e físico inglés. En 1798 trasladouse a Bristol, onde ingresou na Medical Pneumatic Institution por mediación do doutor Beddoes. En 1800 Rumford fíxoo entrar como profesor axudante de química na Royal Institution of Great Britain de Londres. Tres anos máis tarde nomeárono membro da Royal Society, da que foi presidente. En 1807 conseguiu illar o sodio e o potasio por electrólise. Tamén descompuxo minerais alcalinotérreos e illou o bario, o calcio, o estroncio e o magnesio. En 1811 descubriu o arco eléctrico e en 1817, con Faraday, as propiedades do platino. Creou unha lámpada para evitar a explosión de grisú nas minas. Unha gran parte dos seus traballos están recollidos en Elements of Chemical Philosophy (Elementos de filosofía química, 1812).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Penzance, Cornualla

  • Deceso

    Lugar : Xenebra