Dax
Dax
Cidade do departamento de Landes, en Aquitania, Francia, á beira do río Adour (19.309 h [1990]). É unha importante estación climática e termal. Tamén destaca a presenza dunha escola de aeronaútica militar. Conserva restos arqueolóxicos galorromanos.