Dazu
Dazu
Cidade e distrito de China, no sheng de Chongqing. Conserva un conxunto de esculturas e relevos realizados entre os anos finais da dinastía Tong (s IX) e o último período da dinastía Song (s XIII). Os grupos máis salientables localízanse nas montañas Beishan e Baodding e representan figuras búdicas de gran tamaño. Destacan o Buda durmindo en Baoding, con máis de 31 m de largo e 5 m de alto, e a chamada Venus de Oriente en Beishan que representa a deusa da misericordia. A UNESCO declarounas Patrimonio da Humanidade en 1999.