De Havilland, Olivia
Actriz cinematográfica norteamericana. Estudiou interpretación e traballou en distintos espectáculos coa Community Players of Saratoga. Converteuse nunha estrela a mediados da década dos trinta cando comezou a traballar para os estudios Warner. Acadou unha gran popularidade artística ao formar parella con Errol Flynn en películas de aventuras, como The Charge of the Light Brigade (A carga da brigada lixeira, 1936); The Adventures of Robin Hood (As aventuras de Robin Hood, 1938); Dodge City (1939); Santa Fe Trail (Camiño de Santa Fe, 1940); ou They Died Whith Their Boots On (Morreron coas botas postas, 1941). Outros traballos da súa carreira son: Gone Whith the Wind (Foise co vento, 1939); Hold Back the Dawn (Se non amencese, 1941), co que gañou o seu primeiro Oscar; To Each His Own (A vida íntima de Julia Norris, 1946); The Snake Pit (Niño de víboras, 1948); The Heiress (A herdeira, 1949), co que acadou o seu segundo Oscar; Hush...Hush, Sweet Charlotte (Canción de berce para un cadáver, 1965); ou Airport 77 (Aeroporto 77, 1977).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Toquio