De Valera, Eamon
De Valera, Eamon
Político irlandés de ascendencia española. Foi presidente do Sinn Féin (1917-1926) e da clandestina Irish Republic. Participou na revolta de 1916 e foi condenado a morte, pena que lle foi conmutada. Rexeitou o acordo que creaba o Estado Libre de Irlanda (1921), esixiu a total independencia para toda a illa e boicoteou o Parlamento irlandés. En 1926 organizou un novo partido, o Fianna Fáil, do que foi presidente (1926-1959). Foi primeiro ministro (1932-1948, 1951-1954 e 1957-1959) e presidente da República de Irlanda (1959-1973).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Nova York -
Deceso
Lugar : Dublín