Deacon, Richard

Deacon, Richard

Escultor galés. Estudiou no Somerset College of Art de Taunton (1968), na St. Martin’s School of Art de Londres (1970-1973) e no Royal College of Art (1974-1977). Empregou materiais industriais, como o aceiro ou a madeira laminada. Preocupado pola linguaxe, as súas obras evocan os órganos da percepcións. Entre outras mostras participou na Documenta IX de Kassel (1992). En 1987 recibiu o Premio Turner.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bangor