Deade, San Vicente de
Deade, San Vicente de
Igrexa parroquial situada en Pantón. De estilo románico, sufriu diversas reformas nos ss XVI e XIX. Foi doazón de frei Pedro Velasco, abade de Santo Estevo de Ribas de Sil, ao bispo don Miguel e ao seu cabido, segundo as escrituras medievais de 1251 localizadas na catedral de Lugo. Ten planta rectangular e cuberta a dúas augas. No lado S sitúase a capela funeraria dos señores de Maside, cun retablo barroco (s XVIII) de tres fornelas e frontón partido, onde destacan a escultura de santa Ana coa Virxe e o Neno no seu costal dereito, obra de Joaquín Cortiñas.