Deán
Deán
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun alcume profesional aplicado na súa orixe a individuos que desempeñaban ese cargo eclesiástico. Documéntase no s XIII: “Pelagi Daiam” (doc ano 1202 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol II, 1976, p 385).