Deania
Deania
[ANIMAL/ICT]
Xénero de quenllas, de ata 110 cm de lonxitude, co fociño moi longo e aplanado, ollos grandes de cor verde e corpo de cor cinsenta ou castaña, co ventre máis claro, co bordo posterior das aletas de cor violácea e as aletas dorsais provistas, na parte anterior, dunha espiña sobresaínte e grosa con sucos. Son ovovivíparos e paren entre 6 e 12 crías. A especie D. calceus desenvólvese no Océano Atlántico, dende Senegal ata as illas Feroe, preto do fondo entre os 70 e 1.500 m, onde se alimenta da fauna bentónica, especialmente de peixes e camaróns.