Debate, El

Debate, El

Diario católico editado en Madrid entre 1910 e 1936. Fundado por Francisco Luis Díaz e dirixido por Ángel Herrera Oria (1911-1913), a partir de 1914 iniciou unha segunda época. Contaba con cinco edicións diarias. Entre os seus colaboradores figuraban Luis de Castro, Luis Puig, Joaquín Turina, Manuel Graña e José María Gil Robles. Incluía as seccións: “Crónica de sociedad”, “Cinematógrafos y teatros”, “Deportes”, “La vida en Madrid”, “Información comercial y financiera”, “Provincias” e “Extranjero”. Acompañaban os artigos fotografías, anuncios, cómics e na última páxina publicábanse diversos artigos de crítica e cartas dirixidas ao xornal. De tendencia conservadora, durante a Segunda República converteuse no voceiro dos católicos moderados republicanos de Acción Popular e máis tarde da CEDA.