Debrecen
Debrecen
Capital do megye de Hajdú-Bihar, ao L de Budapest, Hungría (205.032 h [1991]). É un destacado núcleo industrial, principalmente de maquinaria agrícola e de produtos farmacéuticos. Fundada no s XIV, adquiriu preeminencia douscentos anos máis tarde, durante a ocupación turca. Foi coñecida co nome de Roma calvinista, por mor da importancia que tiveron alí as crenzas reformistas. No ano 1849 Kossuth proclamou a independencia de Hungría con respecto aos Habsburgo.