Debs, Eugène-Victor
Sindicalista e político norteamericano. Traballou no ferrocarril como condutor de locomotoras e oficinista. En 1885 foi elixido congresista para o Parlamento de Indiana e converteuse en secretario e tesoureiro da Brotherhood of Locomotive Firemen (1880-1893). Fundou a American Railway Union (ARU, 1893) que acadou un alto número de afiliados. Encarcerado con falsos cargos durante unha folga contra a compañía Western Roads, descubriu o socialismo e, trala saída do cárcere, fundou o Social Democratic Party (Partido Social Democrático, SDP) no 1897. Presentouse ás eleccións presidenciais por primeira vez en 1900 e volveu tentalo en 1904, 1908, 1912 e 1921, anos nos que mellorou os resultados. No 1905 fundou, xunto con outros líderes sindicais, a Industrial Workers of the World (IWW), que naceu coa vontade de opoñerse aos sindicatos conservadores e de unir os traballadores do mundo nunha revolución marxista. Durante a Primeira Guerra Mundial opúxose ao servizo militar obrigatorio e foi encarcerado de novo. Logo da Revolución Rusa mostrou o seu desacordo coa ditadura do proletariado establecida por Lenin.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Terre Haute, Indiana -
Deceso
Lugar : Elmhurst, Illinois