Deby, Idriss

Deby, Idriss

Militar e político chadiano. Serviu ao Consello Militar Supremo e, posteriormente, integrouse nas Forzas Armadas do Norte (FAN), unha guerrilla dirixida por Hissène Habré, que acadou o poder en 1982. Converteuse no xefe do Estado Maior das novas Forzas Armadas Nacionais e o 2 de abril de 1989, logo do seu fracaso no intento de derrocar a H. Habré, refuxiouse en Libia e Sudán, onde organizou o Movemento Patriótico de Salvación (MPS). En 1990 iniciou unha sublevación apoiada por Libia e Francia que derrotou a H. Habré; isto permitiulle ocupar N’Djamena e converteuse en xefe de Estado o 4 de decembro de 1990. En 1991 instaurou un réxime de violencia e terror, mentres transformou o MPS nun partido político e retrasou as eleccións ata 1996. Nas eleccións de 1996, Deby foi elixido presidente e instaurou un réxime que concentraba o poder na súa persoa. Os comicios do 2001 confirmárono no poder.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Fada