Deccan
Altiplano da India que se estende por case toda a área peninsular, que historicamente deu nome a todas as terras ao S de Narmada. É un altiplano inclinado de O a L, de beiras abruptas: os Ghats orientais e occidentais. O seu interior está sucado por aliñacións de outeiros e atravesado polos ríos que nacen no golfo de Bengala. A poboación está composta por unha multitude de etnias diferentes, aínda que predominan as dravídicas. Alternan as grandes extensións de estepas usadas para pastos cos campos de algodón e cereais. No NL, o arroz constitúe o cultivo principal e nas montañas aparecen gradualmente as plantacións de té, café e caucho. A explotación dos bosques baséase nas apreciadas madeiras de teca e sándalo. Entre os ss XVII e XIX foi sede da Confederación Mahratta e do estado do nizam de Hyderabad. Independizouse do Imperio Mongol (1724) e foi sometido polos británicos en 1768.