Decca

Decca
[AERON]

Denominación comercial dun sistema de orientación hiperbólico ideado en Gran Bretaña, constituído por catro emisoras de radiofrecuencia en onda continua dispostas en forma de estrela. A central recibe o nome de principal, e as outras tres, auxiliares; cada unha delas radia nunha frecuencia distinta, mentres que a principal radia todas as frecuencias ao mesmo tempo, sincronizadas coas emisoras auxiliares. Nun punto, a diferenza entre as fases de sinais recibidas definen a diferenza de distancias entre o receptor e a emisora principal, e entre o receptor e a emisora auxiliar considerada.