decatrón

decatrón
s m [FÍS]

Tubo electrónico provisto dun ánodo central, dez cátodos fríos e dez electrodos de transferencia, que se emprega para contar os impulsos no sistema decimal. A cada impulso a descarga pasa dun cátodo ao seguinte. Pode contar de 0 a 9, de xeito que para contar n cifras decimais se necesitan n decatróns.