decatizado

decatizado
s m [TÉXT]

Tipo de remate que se lles dá ás pezas de la pura ou mesturada para diminuír e regularizar o brillo que adquiren cando se prensan e para proporcionarlles un tacto esponxoso e suave. Con esta operación tamén se consegue que queden fixadas as dimensións do xénero e que este obteña unha certa resistencia contra as marcas producidas polas pingas de auga.