decapitación

decapitación

(< latdecapitatĭōne)

  1. s f

    Acción de decapitar.

  2. s f [DER]

    Forma de execución da pena de morte que consiste en cortarlle a cabeza ao condenado. Antigamente, era o método máis empregado para executar os nobres ou señores, porque se consideraba non infamante.

  3. s f [XEOG]

    Fenómeno mediante o que un río captura ou asimila a cabeceira ou o curso alto da conca doutro río.

Palabras veciñas

decapante | decapar | decapentámero -ra | decapitación | decapitado -da | decapitar | decápodo -da