Decápolis
Decápolis
Liga de dez cidades constituída en Alsacia no s XIV e formada por Mülhausen, Colmar, Münster, Turckheim, Kaysersberg, Schletsstadt, Oberehnheim, Rosheim, Hagenau e Weissemburg. No s XVI Landau substituíu a Weissemburg. Dividiuse logo da Reforma en tres cidades protestantes, cinco católicas e dúas mixtas, aínda que se mantivo fiel aos Habsburgo. Malia que polo Tratado de Münster pasaron ás mans dos franceses (1648), non se incorporaron dun xeito efectivo á soberanía francesa ata 1679. Durante a Revolución Francesa (1789) integráronse definitivamente en Francia.