decasílabo -ba

decasílabo -ba

(< lat decasyllăbu

  1. adx

    Que ten dez sílabas, aplicado especialmente a un verso ou palabra.

  2. s m [LIT]

    erso composto de dez sílabas. Empregábano xa na época medieval os trobadores provenzais, os galego-portugueses e os antigos poetas italianos. Comporta dous acentos principais, un fixo na décima sílaba e outro na cuarta, seguido ou non de cesura. Por influencia italiana introduciuse na poesía castelá o decasílabo sen cesura, co acento interno predominante na sexta sílaba e, de xeito eventual, con acentos secundarios nas sílabas cuarta e oitava, feito que o converte nun verso de ritmo binario. Segundo a posición dos seus acentos distínguense varios tipos: trocaico simple, no que os acentos recaen nas sílabas impares do verso; trocaico composto, formado por dous pentasílabos trocaicos que se acentúan na segunda e cuarta sílaba de cada un; dactílico simple, que leva os acentos na terceira, sexta e novena sílabas; dactílico composto, que combina dous pentasílabos dactílicos, acentuados na primeira e cuarta sílabas de cada un; dactílico esdrúxulo, decasílabo simple que sitúa os acentos en primeira, sexta e novena sílabas, e, ocasionalmente, tamén na cuarta; decasílabo mixto, acentuado en segunda, sexta e novena sílabas; e decasílabo composto polirrítmico, combinación de decasílabos dactílicos e trocaicos compostos.

Palabras veciñas

Decápolis | Decápolis | decárea | decasílabo -ba | decástilo | decatar | decathleta