decente
decente
(
-
adx
Que obra de forma digna e honrada.
Ex: É tan decente que nunca crin que cometera el o roubo.
Antónimos: indecente. -
adx
Que actúa de xeito digno e respectuoso cos bos costumes sobre todo dende o punto de vista da moral sexual.
Ex: Malia as críticas, o espectáculo resultou ser moi decente. Levou á voda un vestido cun escote decente. Malia telo moi avisado non empregou unha linguaxe decente en toda a conferencia.
Antónimos: indecente. -
adx
Que pola súa cantidade ou calidade é aceptable segundo uns parámetros máis ou menos establecidos.
Ex: Aínda que non estudiara moito, fixo un exame decente. Neste traballo danlle un soldo moi decente. Ten unha casa decente para os cartos que lle custou.
Antónimos: indecente. -
adx
Que está limpo e ordenado.
Ex: Como tiña visita, hoxe ten a casa decente.
Antónimos: indecente.