decénviro

decénviro

(< lat decemvĭru)

s m [HIST]

Maxistrado ou sacerdote romano, que formaba parte dun órgano colexiado con dez membros. Os máis importantes eran os decemviri legibus scribundus (‘decénviros que redactan as leis’), maxistrados constitucionais que actuaban cando se suspendían as outras maxistraturas e se ocupaban da composición da Lei das Doce Táboas (451 a C). Os decemviri sacris faciundis (‘decénviros que realizan os sacrificios’), constituían un grupo de sacerdotes que interpretaban os libros sibilinos.

Palabras veciñas

decente | decenviral | decenvirato | decénviro | decepa | decepar | decepción