decoro
(
-
s
m
-
Respecto ou reverencia que se lle debe a unha persoa ou colectividade pola súa dignidade, condición social ou outra circunstancia.
Ex: O decoro da familia á que pertence esíxenos tratalo con moita formalidade.
Confrontacións: honor, prestixio. -
Xeito de comportarse ou aspecto digno que amosa alguén acorde coa súa condición social, as súas responsabilidades ou a súa moral.
Ex: Sempre actúa con decoro nas situacións conflitivas. Non ten ningún decoro á hora de vestirse.
Confrontacións: decencia.
-
-
s
m
Calidade que é necesaria para manter as condicións humanas dunha persoa sen luxos nin excesos.
Ex: A súa pobreza non lle permite vivir con decoro.
Confrontacións: decencia. -
s
m
[LIT]
Respecto ou aceptación dos códigos ideolóxicos, morais e artísticos dunha época ou dun público concretos na creación dunha obra literaria. Segundo Aristóteles o decoro reflectíase tanto no contido da obra e na actuación dos personaxes como no mesmo estilo literario. Os dramaturgos debían prescindir de escenas que atentasen contra a sensibilidade do público, en especial as relacionadas co sexo, a violencia e a morte, e axustar o comportamento e os modos de falar dos personaxes á súa condición social e psicolóxica. Entre os romanos, Cicerón e Horacio herdaron a dobre acepción do decoro aristotélico. Cicerón aplicouno á oratoria e defendeu a adecuación da expresión ao tema e á condición do auditorio. En épocas posteriores, tivo unha gran relevancia na arte dramática dos ss XVI e XVII en Francia, da man de tratadistas como Jean Chapelain ou Hipolyte de La Ménardière, e en España, onde se extremou o seu respecto no relativo á moral sexual e á relixión católica, pero non na escenificación da violencia, resultado do código de honor ou da presión social. A finais do s XVII perdeuse o interese polo concepto que, sen embargo, retomou no século seguinte o teatro neoclasicista e que se esqueceu novamente co romanticismo.