decoro

decoro

(

  1. s m
    1. Respecto ou reverencia que se lle debe a unha persoa ou colectividade pola súa dignidade, condición social ou outra circunstancia.

      Ex: O decoro da familia á que pertence esíxenos tratalo con moita formalidade.

      Confrontacións: honor, prestixio.
    2. Xeito de comportarse ou aspecto digno que amosa alguén acorde coa súa condición social, as súas responsabilidades ou a súa moral.

      Ex: Sempre actúa con decoro nas situacións conflitivas. Non ten ningún decoro á hora de vestirse.

      Confrontacións: decencia.
  2. s m

    Calidade que é necesaria para manter as condicións humanas dunha persoa sen luxos nin excesos.

    Ex: A súa pobreza non lle permite vivir con decoro.

    Confrontacións: decencia.
  3. s m [LIT]

    Respecto ou aceptación dos códigos ideolóxicos, morais e artísticos dunha época ou dun público concretos na creación dunha obra literaria. Segundo Aristóteles o decoro reflectíase tanto no contido da obra e na actuación dos personaxes como no mesmo estilo literario. Os dramaturgos debían prescindir de escenas que atentasen contra a sensibilidade do público, en especial as relacionadas co sexo, a violencia e a morte, e axustar o comportamento e os modos de falar dos personaxes á súa condición social e psicolóxica. Entre os romanos, Cicerón e Horacio herdaron a dobre acepción do decoro aristotélico. Cicerón aplicouno á oratoria e defendeu a adecuación da expresión ao tema e á condición do auditorio. En épocas posteriores, tivo unha gran relevancia na arte dramática dos ss XVI e XVII en Francia, da man de tratadistas como Jean Chapelain ou Hipolyte de La Ménardière, e en España, onde se extremou o seu respecto no relativo á moral sexual e á relixión católica, pero non na escenificación da violencia, resultado do código de honor ou da presión social. A finais do s XVII perdeuse o interese polo concepto que, sen embargo, retomou no século seguinte o teatro neoclasicista e que se esqueceu novamente co romanticismo.