decoroso -sa

decoroso -sa

(< lat decorōsu)

  1. adx

    Que ten ou garda decoro.

    Ex: O seu comportamento foi decoroso durante todo o debate. Sempre se gabou da súa actitude decorosa á hora de buscar moza.

    Sinónimos: decente.
  2. adx

    Que resulta suficiente ou satisfactorio sen ser abundante.

    Ex: Non gana unha fortuna pero ten un soldo decoroso. Malia a súa pobreza, sempre andou vestido de xeito decoroso.

    Sinónimos: decente.

Palabras veciñas

decorativo -va | decoro | Decoroso | decoroso -sa | decorrente | decorrer | decorticación