Decroux, Étienne-Marcel

Decroux, Étienne-Marcel

Actor. Acadou fama e recoñecemento internacional polo seu traballo a prol da recuperación, dignificación e desenvolvemento do mimo. Formado no Thèâtre du Viuex-Colombier a compañía de Jacques Copeau, traballou con destacados directores da escena francesa, como Gaston Batty, Louis Jouvet ou Charles Dullin. En 1931 presentou o seu primeiro traballo, La Vie primitive (A vida primitiva), que xa constituía unha formulación precisa da súa gramática da expresión física, fundamento da súa reinterpretación da arte do mimo, que deixou escrita no volume Paroles sur le mime (Palabras sobre o mimo, 1963). Entre as súas achegas máis significativas hai que salientar a importancia do traballo actoral, o descubrimento da mecánica corporal e de novos eixes expresivos, a exploración das posibilidades do mimodrama, ou pequenas escenas nas que se presentaba un conflito aparentemente sinxelo pois remitía a problemáticas máis transcendentais e universais, a requintada precisión no xesto e no movemento ou a demostración da importancia da expresión xestual en todo tipo de interpretación. Entre os seus discípulos recoñecidos hai que destacar a Jean-Louis Barrault e Marcel Marceau.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso