decumano -na
decumano -na
(< lat decumanu)
-
adx
Aplícase ás terras que pertencían ao Estado romano e nas que se asentaban os colonos, que pagaban o décimo sobre as súas colleitas.
-
s
m
ía transversal, orientada de O a L, que se trazaba nas cidades e nos campamentos romanos. Estaba deseñada segundo o antigo plan etrusco e cruzábase no foro co cardo maximus.
-
porta decumana
Porta que nos campamentos romanos se situaba no extremo oposto ao inimigo. Nas cidades estaba situada no extremo do decumano e permitía o acceso ao exterior da muralla.