Decumanos, Campos

Decumanos, Campos

Territorio situado entre a beira dereita do Rin e o Danubio, anexionado polo Imperio Romano durante o s I d C, na época dos Flavios. Os emperadores Domiciano, Adriano e Antonino defenderon esta rexión fronte aos ataques dos bárbaros, construíndo unha liña defensiva dende Koblenz no N e a través da rexión do Alto Main ata Ratisbona.