Dedekind, Julius Wilhelm Richard
Dedekind, Julius Wilhelm Richard
Matemático alemán. Discípulo de Gauss, exerceu como profesor no politécnico de Zúric (1858) e na Technische Hochschule de Brunswick. Foi un dos abandeirados de dúas das correntes básicas que deron orixe á matemática moderna: a formalista e a loxicista. Construíu unha teoría xeral dos ideais. Definiu os números irracionais por medio do concepto de “corte” dentro do conxunto dos racionais, teoría que chegou a ser clásica. Unha gran parte dos seus traballos desenvolvéronse nunha época moi posterior, así o demostra a influencia da súa obra na matemática posterior. É o autor de A Stetigkeit und irrationale Zahlen (1872), Über die Theorie der ganzen algebraischen Zahlen (1879) e Was sind und was sollen die Zahlen? (1888).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Brunswick -
Deceso