defecación

defecación

(

  1. s f

    Acción de defecar.

    Ex: O medicamento dificúltalle as defecacións.

  2. s f

    Totalidade de materias que se expulsan ao defecar.

    Ex: Analizáronlle as defecacións de varios días para ver se tiña o parasito.

    Sinónimos: dexección, excreción, feces.
  3. [IND]
    1. s f

      Operación de limpar as impurezas dun líquido.

    2. defecación do mosto

      Operación mediante a que se separan por sedimentación os grans, as peles e as impurezas do mosto antes de que este fermente.

Palabras veciñas

Deep Blue | Deer Hunter, The | deesis* | defecación | defecador -ra | defecar | defección