defectivo -va
defectivo -va
(< lat defectīvu)
-
adx
Que carece dalgunha cousa.
-
adx
[LING]
-
Aplícase a calquera palabra que, aínda que pertence a unha clase que posúe flexións nominais (caso) ou verbais (tempo e persoa), non ten o paradigma das súas formas completo. Por exemplo, en galego cumprir co significado de ‘ser necesario’ é un verbo defectivo.
-
Aplícase ao sistema de escritura que só ten símbolos para as consoantes. É o caso, por exemplo, do alfabeto arameo, hebreo e árabe, nos que a notación das vocais é opcional.
-