defecto
(
-
s
m
Falta ou carencia que algunha persoa ten de algo, de xeito que a converte en imperfecta, tanto física como moralmente.
Ex: Ten un defecto na vista dende que naceu. O defecto de María é ser tan botada para diante.
Sinónimos: eiva. -
s
m
Carencia das calidades propias ou naturais dalgunha cousa.
Ex: O traballo que presentou está inzado de defectos.
Sinónimos: deficiencia, falta. Confrontacións: insuficiencia. -
[DER]
-
s
m
icio dunha cousa que fai diminuír o seu valor e que, en ocasións, pode determinar a súa incapacidade para facer o uso ao que está destinada.
-
s
m
Omisión dalgún requisito que a lei esixe nos actos xurídicos e que, se é esencial, orixina a nulidade do acto.
-
defecto de forma
Falta derivada da incorrecta aplicación das normas procesuais nunha causa que pode afectar á validez da sentenza xudicial, pode producir a nulidade das actuacións ou a ausencia dalgún dos requisitos esixidos pola lei para a validez de certos actos xurídicos. Ocasiona a anulabilidade do acto cando este carece dos requisitos formais indispensables para alcanzar o seu fin ou dá lugar á indefensión dos interesados. Determina a nulidade do acto cando o defecto é esencial para a substanciación do acto.
-
defecto hipotecario
Carencia ou imperfección existente nun título inscribible que pode impedir a súa inscrición no rexistro da propiedade.
-
s
m
-
s
m
[FÍS]
Interrupción da regularidade da rede cristalina dun sólido. Dentro de todos os sólidos hai defectos e a súa presencia determina as propiedades eléctricas, ópticas, magnéticas, térmicas e mecánicas. Entre os defectos puntuais están os dos lugares vacantes, que son os buratos que aparecen como efecto do traslado dun átomo dende a súa posición normal dentro da rede cristalina ata a superficie do cristal. Nalgúns casos acontece o contrario, un átomo da superficie trasládase cara ao interior do cristal e colócase, se non ten outro lugar baleiro, nos intersticios da rede cristalina. Este defecto denomínase defecto intersticial, e cando o átomo que intervén non é ningún dos elementos dos que está composto o sólido, fálase de impureza intersticial. Noutros casos, un átomo pode saír do seu lugar na rede cristalina e non chegar á superficie porque permanece nos intersticios da rede e crea, polo tanto, un defecto intersticial e, ao tempo, un lugar vacante. Este conxunto recibe o nome de defecto Frenkel. Outra irregularidade consiste na substitución dun átomo nun punto da rede por outro átomo, que pode ser da mesma base do cristal ou ben un átomo estraño, denominándose defecto substitucional, no primeiro caso, ou impureza substitucional, no segundo. Finalmente, nos cristais iónicos prodúcense vacantes dobres que consisten na falta dun ión de cada clase, que non están nos seus lugares respectivos dentro da rede regular do cristal. Este defecto denomínase defecto Schottky. Algunhas veces existen grupos de vacantes asociadas que producen defectos máis complexos. Os defectos lineais son dislocacións, que poden ser de dous tipos principais: as de cuña e as helicoidais. Entre os defectos superficiais existen os límites de gran, que son as interfaces que separan rexións do cristal de diferente orientación que medraron de xeito separado, e as imperfeccións acumuladas, que proveñen da omisión dun plano enteiro do cristal durante o crecemento. Finalmente, os defectos volúmicos consisten na acumulación de impurezas ou de defectos puntuais, ou ben nunha estrutura desordenada.
-
defecto de masa
[FÍS]
Diferencia entre a suma das masas dos nucleóns que compoñen un núcleo atómico e a masa do núcleo enteiro, ou entre a masa dos compoñentes dun átomo e a do átomo enteiro. É sempre positiva porque o defecto de masa se inviste en forma de enerxía de enlace entre os compoñentes da estrutura. Tamén se denomina decremento de masa.
Frases feitas
-
2 INFORM Indica que unha opción se selecciona de xeito automático, a non ser que se elixa outra previamente.
-
En defecto de. A falta da persoa ou cousa da que se está a tratar.
-
Por defecto 1 FÍS Medida realizada por aproximacións sucesivas ao valor exacto mediante valores estritamente inferiores a este.
Refráns
- A cada un chéiralle ben o peido do seu cu.
- A ninguén lle cheira a súa merda.
- Cada cal ráñase coas unllas/ráñase onde lle proe.
- Cada pera ten o seu rabo.
- Cada un sabe onde lle aperta o seu zapato.
- Cada un sabe onde lle manca o zapato.
- Cada•un raña onde lle proe.
- Dixo o burro ao mulo: ¡Arre alá, orelludo!
- Díxolle a caldeira ao pote: ¡Tirate alá, non me lixes!
- Díxolle o peite ao tiñoso: ¡Tirate alá, piolloso!
- Díxolle o pote á caldeira: ¡Tirate alá, non me lixes!
- En cada casa cocen fabas e na miña caldeiradas.
- En cada casa cocen fabas e na nosa a caldeiradas.
- Home mozo que non troula nin fuma nin xoga nin bebe nin bica nin cospe no curro, máis que. home, é burro.
- Máis vale ser media merda que merda e media.
- No mellor viño hai borras.
- Non hai pega sen mancha negra.
- O corcovado non ve a súa corcova e ve as outras todas.
- O mellor pano líxase.
- O mellor viño fai borra.
- Porco limpo nunca engorda.
- Quen ten malo o rabo non pode estar sentado.
- Tal amigo collerás, que en segredo lle digas as chatas que has.
- Vémo-Ias faltas alleas na alforxa dianteira e non vémo-las nosas na traseira.